Cartel_F

O obxecto deste concurso é recoller da man de fotografías e curtas os “saberes” locais deste territorioourensán. O importante é que se reflita o “saber” que se mantén no teu entorno, deixamos polo tanto nas mans dos potenciais concursantes a valoración do “saber” que nos queren mostrar. Iso si, acéptase material que teña a ver coa cultura material e inmaterial (oral, gastronomía, oficios, rituais, labouras,… ) o interese do concurso é a recolleita de información, da cultura familiar, comunitaria, agraria, artesanal, … que aínda se mantén viva dalgún xeito.

As actividades que se pretendan recoller mediante o material gráfico debe ser demostrable, é dicir, ten que corresponderse con algo que se constrúa, produza, transmita na actualidade e no voso entorno,…..
Con todo o material recibido para o concurso elaborarase unha publicación que será editada por AVINZA.

PREMIOS:
Contía de 300 € ( a cada categoría)

I. Ao mellor material gráfico
II. Á mellor transferencia de saberes
PRAZO de presentación: até o 15 de xullo de 2014